Viaxamos dende Parga á comarca Canal de Navarrés no interior de Valencia. Escollemos como punto base o Hotel de Montaña La Rocha en Quesa, onde tivemos unha estancia moi agradable para descansar e contemplar a paisaxe de piñeiros, freixos, Pistacia lentiscus e aciñeiras .
Nesta viaxe puidemos observar e fotografar a nova especie dos odonatos ibéricos, Onychogomphus cazuma Barona, Cardo & Díaz, descrita nun artigo publicado na revista Odonatologica, sendo a primeira especie nova descrita de odonatos no suroeste de Europa desde o século XIX.
Tamén observamos outras especies interesantes como Calopteryx haemorrhoidalis, que presenta nas costas mediterráneas unha coloración diferente ás do noroeste ibérico, así como as buligantes Trithemis kirbyi e Trithemis annulata, esta última fotografada cun exemplar de Forcipomyia paludis.
Onychogomphus cazuma
Onychogomphus cazuma
Onychogomphus cazuma
Calopteryx haemorrhoidalis
Calopteryx haemorrhoidalis
Trithemis annulata
Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi