17 abr 2019

Veiga de Ponteliñares

Onte nunha visita ao espazo natural de A Veiga de Ponteliñares no municipio de Rairiz de Veiga en Ourense, observamos dúas especies de odonatos, un Gaiteiriño de inverno - Sympecma fusca e dous exemplares de Donceliña vermella - Pyrrhosoma nymphula.

Pyrrhosoma nymphula

Sympecma fusca


23 mar 2019

Primeira observación do 2019 na Lagoa de Cospeito

Hoxe observamos as primeiras libélulas do ano, Sympecma fusca.  Estes Gaiteiriños de inverno teñen un comportamento críptico, son adultos que emerxeron a finais do verán do 2018 e pasaron posiblemente a hibernación nalgunha percha vexetal ou baixo algunha cortiza de árbore. Durante esta primavera realizarán a ovoposición dos exemplares que emerxerán a finais deste verán.

Sympecma fusca

25 ene 2019

Sympetrum sanguineum (Müller, 1764)


Esta especie en Galicia podemos identificala facilmente,  xa que é o único Sympetrum de patas totalmente negras. Ten os pterostigmas curtos, estreitos e marróns e a base das ás con pouca mancha azafranada. O macho ten o tórax marrón escuro e abdome vermello vivo, con manchas laterais negras en S7 e S8. A femia normalmente é de cor amarela marrón, coas zonas antehumerais máis escuras. 

Macho de Sympetrum sanguineum na Terra Cha, Lugo.


Sympetrum fonscolombii (Selys, 1840)

Libeliña de ollos vermellos coa parte inferior azul celeste. Algunha das súas características de campo son as ás posteriores con mancha  azafranada e  pterostigmas amarelo claro bordeados dunha liña negra. O macho é de cor vermella intensa e a femia amarela verdosa.

Femia Sympetrum fonscolombii

Exemplar macho vello de Sympetrum fonscolombii

Macho


Femia

Macho

Femia

Inmaduro de Sympetrum fonscolombii

24 ene 2019

Sympetrum vulgatum (Linnaeus, 1758)

Fotos esquecidas.
Regresando dunha viaxe aos Vosgos, no noroeste de Francia,  no 2016, decidimos parar en Cerdaña para estar un par de días en Puigcerdá e visitar as fermosas lagoas próximas ao Lac des Bouillouses. Entre outras especies que xa compartín en entradas anteriores, observamos Sympetrum vulgatum.

Esta é unha especie complicada de identificar en campo, xa que se pode confundir facilmente con S. striolatum, a mellor identificación é poder fotografar a xenitalia para poder determinar a especie.

Femia

Femia

Macho



Xenitalia dunha femia

Xenitalia dun macho



30 dic 2018

Boas Festas!


Fotografía dun Sympetrum pedemontanum da Baixa Cerdaña dos Pirineos catalans.

31 oct 2018

Odonatos de outono

Libélulas de outubro 2018
Neste mes tras un percorrido por varios puntos de Galicia observamos Gaiteiriños, Donceliñas,  Libeliñas, Tizóns e Lavacús, pero a estrela foi a Libeliña de outono – Aeshna mixta.

Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo na Lagoa de Xuño en Porto do Son

Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo en Melide

Aeshna mixta - Libeliña de outomo nas Insuas do Miño, Lugo

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Ischnura graellsii - Donceliña de Graells

Femia de Orthetrum coerulescens - Libélula celeste

Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Melide

Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Porto do Son

Sympetrum sanguineum - Lavacú sanguiño