1 ene 2020
24 ago 2019
Actividade "Libélulas da Terra Chá"
Nesta actividade de observación de libélulas,
organizada por AGCT e a Deputación de Lugo, na zona suroeste da Terra Chá, ao norte da
cidade de Lugo, observamos moitos Gaiteiros, Donceliñas, Patexas, Libeliñas,
Candís, Tizóns, Esmeraldas e Lavacús.
Aquí deixamos unhas pouquiñas fotos das
máis interesantes.
![]() |
| Femia de Trithemis annulata |
![]() |
| Femia de Trithemis annulata |
![]() |
| Femia de Sympetrum sanguineum |
![]() |
| Macho de Oxygastra curtisii |
18 ago 2019
Odonatos nos Pirineos Orientais
Nesta breve visita ao Val de Arán, á Alta Cerdaña e ao Capcir, decidimos visitar de novo algúns puntos xa coñecidos como as fermosas lagoas do Lac des Bouillouses, pero tamén outros lugares novos na rexión de Occitania, principalmente na comarca de Capcir. Vimos un gran número de especies, pero as máis representativas foron Libellula fulva, Cordulegaster bidentata, Sympetrum pedemontanum, Sympetrum danae, Sympetrum flaveolum, Trithemis kirbyi, Aeshna grandis, Lestes sponsa e algunha Somatochlora dificilísima de fotografar.
| Libellula fulva |
| Cordulegaster bidentata |
| Sympetrum pedemontanum |
| Sympetrum danae |
| Aeshna grandis |
| Aeshna grandis |
21 jul 2019
Sympetrum flaveolum
Trevinca. Tablillas As Lagoas.
Logo dunha moi agradable e divertida estancia entre amigos no Trisquel, visitamos as lagoas de Tablillas e puidemos completar o día cunhas marabillosas observacións de Sympetrum flaveolum.
Logo dunha moi agradable e divertida estancia entre amigos no Trisquel, visitamos as lagoas de Tablillas e puidemos completar o día cunhas marabillosas observacións de Sympetrum flaveolum.
| Macho noviño de Sympetrum flaveolum |
| Femia nova de Sympetrum flaveolum |
| Unha das lagoas da zona |
4 jul 2019
Baixa Limia, libélulas da raia seca
Nunha ruta herpetolóxica na Baixa Limia, observamos entre outras, dúas das libélulas protagonistas desta xornada, unha Anax imperator rescatada dunha Pelophylax perezi, que non tiña moi boas intencións, e unha femia de Cordulegaster boltonii que descansaba comendo tranquilamente nun camiño do val do Río de Vilameá.
![]() |
| Cordulegaster boltonii |
![]() |
| Anax imperator |
17 abr 2019
Veiga de Ponteliñares
23 mar 2019
Primeira observación do 2019 na Lagoa de Cospeito
Hoxe observamos as primeiras libélulas do ano, Sympecma fusca. Estes Gaiteiriños de inverno teñen un comportamento críptico, son adultos que emerxeron a finais do verán do 2018 e pasaron posiblemente a hibernación nalgunha percha vexetal ou baixo algunha cortiza de árbore. Durante esta primavera realizarán a ovoposición dos exemplares que emerxerán a finais deste verán.
| Sympecma fusca |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






