27 ago 2017

Viaxe ao sur de Andalucía agosto 2017

Viaxamos dende Parga a Medina Sidonia, para comezar dende aquí unha visita a diversos puntos do Parque Natural Los Alcornocales e do Parque Natural Sierra de Grazalema no sur de Andalucía.
Coñecemos varios pobos fermosos e acolledores como Jimena de la Frontera, Gaucín, Ronda, Montecorto e Zahara de la Sierra, ao mesmo tempo que percorríamos zonas para fotografar libélulas.

O primeiro día grazas a grata compañía de Jose M. Gaona que nos acompañou e ensinou o Orthetrum nitidinerve, puidemos fotografar un exemplar e tamén observar e fotografar Orthetrum coerulescens, Orthetrum chrysostigma, Orthetrum trinacria, Paragomphus genei, Sympetrum fonscolombii, Crocothemis erythraea, Selysiothemis nigra, Diplacodes lefebvrii, Trithemis annulata e Trithemis kirbyi.

No segundo día na zona do río Guadairo observamos e fotografamos Zygonyx torridus, unha libélula complicada de ver pousada e polo tanto difícil de fotografar. Atopamos exuvias e vimos moitos exemplares sempre voando a varios metros de altura. Tamén observamos Calopteryx haemorrhoidalis de distinta coloración aos exemplares do noroeste ibérico e Onychogomphus forcipatus, Anax imperator, Anax parthenope, Platycnemis latipes, Erythromma lindenii e Erythromma viridulum.

Fotografías dalgunhas das libélulas desta viaxe, agosto 2017.

Unha femia de Orthetrum trinacria comendo un macho de Trithemis annulata 

Orthetrum nitidinerve

Orthetrum nitidinerve
Zygonyx torridus

Exuvia de Zygonyx torridus

Exuvia de Zygonyx torridus

Femia de Paragomphus genei

Sympetrum fonscolombii

Sympetrum fonscolombii

Onychogomphus forcipatus

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi en Montecorto

Montecorto

Río Guadairo