27 nov. 2016

Sympetrum danae (Suizer, 1776)

Ó observala por primeira vez parece unha Sympetrum moi pequeniña e escura, principalmente o macho, xa que na súa madurez vólvese totalmente negro.Tanto femias e machos inmaduros teñen unhas bandas negras no tórax cunhas motas amarelas, patas totalmente negras e unha banda ancha e negra en todo o longo do abdome e a ambos lados. Pterostigmas negros.

 Fotografías na zona dos Vosgos en Francia e na Cerdagne. Agosto 2016.

Sympetrum danae macho inmaduro
Macho
Macho fotografado en Lispach, Francia.
Macho pousado no meu pe mentres intentaba fotografar unha A. grandis
Femia fotografada en Vosgos
Femia