17 sept. 2016

Ophiogomphus cecilia (Selys, 1854)

Odonato de aparencia similar a un Gomphus, pero na observación de cerca resulta máis robusto e destaca a súa característica principal: que é tricolor, a cabeza e o tórax cun verde lima escuro e o abdome con amarelo e negro. É un gónfido de ríos de terras baixas con fondo areoso.

Fotografado en Philippsboug e Rothbach, ó norte do Parc naturel régional des Vosges du Nord, Francia.


Macho de Ophiogomphus cecilia