27 may. 2015

Lestes macrostigma (Eversmann, 1837)

Grazas a Matías de las Heras visitamos a Lagoa salgada de Fuente de Piedra en Málaga para observar a este inconfundible cabaliño da auga de corpo escuro e pruinosidade moi extensa.

Macho

Femia
Femia téneral



24 may. 2015

SIO 2015 - Córdoba 1-3 de maio

SIO Córdoba 2015
Grazas á extraordinaria labor dos organizadores de SIO 2015 puidemos coñecer os distintos proxectos realizados e que se están a realizar nas distintas zonas da península ibérica, illas macaronésicas e mediterráneas. Foi todo un pracer pasar uns días estupendos na compañía de apaixonados amantes das libeliñas e observar algunhas especies como Onychogomphus costae en Córdoba ou Lestes macrostigma en Málaga.

Ansiosos de fotografar un Onychogomphus costae. Córdoba - Río Guadalquivir.
Macho téneral de Onychogomphus costae. Córdoba.

Macho de Onychogomphus costae. Córdoba.

Femia téneral de Onychogomphus costae.
Córdoba.
Lestes macrostigma macho. Laguna salgada Fuente de Piedra - Málaga.
Lestes macrostigma macho
Lestes macrostigma femia
Lestes macrostigma femia téneral

Platycnemis latipes
Sympetrum fonscolombii



22 may. 2015

Gomphus pulchellus (Selys, 1840)

Gompphus de coloración máis esmorecida que os seus conxéneres. Franxa interpleural completa e ondulada. S8-9 con forma de mazo pouco destacable. Ollos azul esvaído.

Liñas torácicas finas e franxa interpleural completa e ondulada

Macho

Macho comendo

Macho

Apéndices do macho

Femia de Gomphus pulchellus con apetito voraz.
Detalle visible do lateral do tórax da franxa interpleural completa e ondulada.


Franxas do tórax
Femia téneral
Escama vulvaria da femia


6 may. 2015

Trithemis annulata (Palisot de Beauvois, 1807)

Distribución de Trithemis annulata en Galicia (NW Península Ibérica)
Nesta publicación podedes atopar a distribución desta especie en Galicia.

Macho
Macho en postura de obelisco

Femia
Macho de Trithemis annulata en postura de obelisco