20 ago 2014

Libellula depresa (Linnaeus, 1758)

Sempre que nos atopamos con esta libélula vémola moi robusta, pois ten o abdome moi ancho e aplanado. Posúe grandes manchas marrón escuro na base das catro ás, en forma de barras nas ás dianteiras e triangulares nas traseiras. Os machos e as femias teñen manchas antehumerais anchas, branquexas e longas. O tórax e os ollos son marróns e o pterostigma negro.
O macho reluce e nunca pasa desapercibido co seu abdome azul celeste brillante con máculas amarelas nos bordos. Teñen o último segmento e apéndices anais negros. O macho cando é inmaturo ten unha cor ocre laranxa.
A femia é dunha cor discreta marrón verdosa con máculas amarelas grandes nos laterais do abdome.
Voan con moita rapidez sobre todo tipo de  augas estancadas e soleadas e sobre tramos de ríos moi calmos.

Macho



Macho

Femia
Femia




Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941