29 may. 2011

Oxygastra curtisii (Dale, 1834)

Caracterízase por ter unhas cores dunha beleza esmeralda peculiares, ollos verde lustroso, abdome con debuxos alargados amarelo limón sobre un fondo verde esmeralda escuro e brillante. Macho cos segmentos 7, 8 e 9 ensanchados e peludos, coa presenza dunha crista dorsal clara no décimo segmento.
Femia co abdome máis groso, coas mesmas cores e debuxos amarelos, pero sen segmentos ensanchados e sen crista dorsal. Ás coas bases afumadas de amarelo queimado.

Fotos en Guitiriz e Padrón, maio 2011

Femia inmadura de Oxygastra curtisii

Foto lateral da femia

Macho de Oxygastra curtisii

Foto lateral do macho

Crista dorsal dos machos

Cópula
 
Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

28 may. 2011

Calopteryx haemorrhoidalis (Vander Linden, 1825)

Macho de cor vermella bronce ou granate case negro, os machos adultos coa parte inferior dos últimos segmentos abdominais cor maxenta; ás escuras, excepto na base que son transparentes; tíbias roxizas.
Femia verde metálico bronce, ás cunha mancha escura apical ben delimitada de cor pardo-cobriza nas ás posteriores, pequeno pseudopterostigma branco.

Fotos en Fisterra e Ribeira. 2011.

Calopteryx haemorrhoidalis macho

Coloración do macho no S8, S9, S10 e os cercos

Femia

Macho inmaduro

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

17 may. 2011

Calopteryx xanthostoma (Charpenteir, 1825)

O macho é azul cobalto e ás escuras na súa metade distal, con nervación coloreada de azul.
Femia verde metálico con ás claras e pseudopterostigma branco, moi similar a femia de Calopteryx virgo, pero as veces pódese observar que as femias de xanthostoma teñen nos tres últimos segmentos e na parte superior, unha coloración pardo clara.

Fotos no Río Miño, na zona de Lugo e Rábade.

Cópula de Calopteryx xanthostoma

Femia

Macho

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

5 may. 2011

Platycnemis acutipennis

Patexa rubia Platycnemis acutipenis
Unha das súas características é a cor laranxa clara do abdome. As tibias das patas son lixeiramente aplanadas e ensanchadas nos machos, cunha liña lonxitudinal negra na metade superior. Pterostigmas alaranxados.
No macho adulto a combinación de ollos azuis, corpo alaranxado, e manchas negras dobres no S7-S9 é única.
A femia é máis pálida e normalmente presenta dobres e finas liñas negras en todos os segmentos abdominais.

Fotos en Guitiriz abril 2011

Detalle dos ollos azulados

Platycnemis acutipennis macho

Tándem

Detalle das tibias